Os produtos para os bebés subiron un 36 % en seis anos
Os produtos para os bebés subiron un 36 % en seis anos
Os produtos de lactación subiron un 41 % e os de hixiene infantil, un 31 %, segundo un estudo de Idealo
O equipamento básico de carro, berce e roupa subiu un 5 %
A plataforma Raisin cifra en 10.000 euros os gastos do primeiro ano de vida
A chegada dun neno sempre supón un importante desembolso na economía familiar, pero coa inflación dos últimos anos, os custos dispáranse.
Segundo datos do comparador de prezos Idealo, mercar hoxe un paquete de cueiros pode ser un 31 % máis caro que hai 6 anos e un leite de fórmula, un 41 %.
Equipar o bebé con carro, berce e roupa custa de media 1.600 euros, un 5% mais ca en 2016. Compartir, herdar ou acudir ao mercado de segunda man son as estratexias de aforro máis estendidas.
E postos a botar contas, a plataforma de aforro europero Raisin, engade otro dato. O investimento medio no primeiro ano de vida do bebé supera xa os 10.000 euros.