Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CNMC pídelles ás distribuidoras de Endesa e Naturgy que ofrezan fraccionar as facturas atrasadas

A CNMC pídelles ás distribuidoras de Endesa e Naturgy que ofrezan fraccionar as facturas atrasadas

Ringleiras de clientes ás portas das elétricas polos recibos da luz

G24.gal 23/02/2022 14:42

En plena escalada do prezo da luz, os consumidores sofren as consecuencias dos atrasos das facturas eléctricas que non chegaron nos últimos meses. 

A Comisión Nacional do Mercado da Competencia, que investiga o caso, conclúe que se trata dun problema entre distribuidoras e comercializadoras, e dálles dez días de prazo a Naturgy e a Endesa para ofrecer pagamentos fraccionados.

As asociacións de consumidores piden que se revise cada recibo da luz porque se están detectando moitos erros, e aconsellan revisar a potencia contratada e evitar o consumo no treito horario máis penalizado para aforrar no recibo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade