Publicador de contidos
Publicador de contidos

A construción modernízase con compoñentes prefabricadas: aceleran as obras e melloran as edificacións

A construción modernízase con compoñentes prefabricadas: aceleran as obras e melloran as edificacións

O clúster Galicia Constrúe celebrou o primeiro Foro da Construción Industrializada

 

G24.gal 28/11/2024 14:54

A construción industrializada baséase en ensamblar xa na obra compoñentes e estruturas prefabricadas, realizando boa parte do traballo realízase na fábrica, en contornas máis seguras e controladas. 

"Iso fabrícase, transpórtase e logo móntase" explica Juan Carlos Cabrero, especialista en construción industrializada na universidade Politécnica de Madrid. Para el, este xeito de traballar, "mellora a calidade das edificacións, reduce os accidentes laborais, e permite ter uns custos certos e controlados da obra".

Ademais soluciona o problema de falta de man de obra que ten o sector, así que permite acelerar as construcións. Urxe no caso da vivenda, porque falta oferta. "Estímase un déficit de 5.000 vivendas anuais en Galicia" di Viviana Otero, da consultora Deloitte.

Dende o clúster da construción, entenden que a industria está preparada para pisar ese acelerador. 

"Galicia exporta sistemas baseados no aluminio, somos líderes en fachadas tecnolóxicas, nos produtos da madeira somos exportadores netos, e por suposto na pedra, na pizarra ou no formigón", di o vicepresidente de Galicia Constrúe, Daniel Hermosilla.

A fabricación de compoñentes para a construción industrializada fai que, ademais, as nosas materias primas gañen valor. É o caso da madeira. "Usámola para forxados, cubertas ou muros" di o arquitecto Carlos Palacios, que traballa con piñeiro galego.

"Empezamos a desenvolver unha industria que dá maior valor á madeira do país", engade.

Dá maior valor engadido aos produtos, e a construción industrializada está xerando novos nichos de emprego: especialistas en loxística, deseño ou ferramentas dixitais son e serán os traballadores do sector no futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade