A Coruña prepárase para acoller o cumio hispano-alemán
A Coruña prepárase para acoller o cumio hispano-alemán
Ao evento acudirán o xefe do Goberno español Pedro Sánchez e o chanceler Olaf Scholz
O delegado do Goberno e a alcadesa da Coruña visitaban nas últimas horas o recinto de Palexco para supervisar as instalacións que acollerán este mércores e xoves o cumio bilateral España-Alemaña baixo un amplo dispositivo de seguridade.
A intención é que o cumio non dificulte a mobilidade na cidade, e para iso as administracións traballaron en coordinación durante semanas. Pero as delegacións dos dous países non pasarán desapercibidas. O presidente Sánchez e o chanceler Sholz viaxarán con quince ministros. Na axenda: a crise inflacionista, a invasión de Ucraína ou o mercado enerxético europeo. Coa cidade galega como foco do debate político.
En 2014 Santiago de Compostela acolleu o cumio entre os dous países. Agora é A Coruña a sede desta cita política en que España e Alemaña definirán a súa relación bilateral futura.