Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña recibe o cruceiro máis grande da súa historia

A Coruña recibe o cruceiro máis grande da súa historia

O Aidanova ten 337 metros de eslora e 42 de manga

G24.gal 27/12/2021 14:26

O tempo na Coruña non acompaña, pero paga a pena facer o esforzo porque non todos os días un cruceiro coma este fai escala na cidade.

Uns din que é impresionante, un dos máis grandes que entraron aquí. Para outros é xigante, semella un edificio.

O Aidanova é dos barcos máis grandes do mundo por tonelaxe. Ten 337 metros de eslora e 42 de manga... e dentro todo tipo de comodidades.

O barco ten capacidade para 6.600 pasaxeiros, aínda que coas restricións impostas pola pandemia non chega ao cen por cento de ocupación. Algúns deses cruceiristas amosaban a súa satisfacción por visitar Galicia.

Pero deses turistas non son moitos os que se deixan ver polas rúas da cidade. E esta é unha das principais queixas que teñen os comerciantes.

"Por un lado anima, pero por outro é unha tristura.... ves que hai un barco e imaxinas que ten que haber moitas persoas, porque non se ven"  din os comerciantes.

Este é o último cruceiro do ano que visita A Coruña. 2022 arrancará cunha dobre escala a próxima semana, e un total de 170 escalas pechadas para o que resta de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade