Besteiro urxe medidas de acceso á vivenda porque "vivir dignamente non pode ser un luxo"
Besteiro urxe medidas de acceso á vivenda porque "vivir dignamente non pode ser un luxo"
Os socialistas galegos esixiron en Vilagarcía unha resposta contundente á crise da vivenda en Galicia
Foi nunha nova xornada de "Diálogos de Raíz", na que abriron un debate no que participaron os cidadáns e mesmo representantes do sector
Os socialistas galegos esixen unha resposta contundente ante a crise da vivenda dende os "Diálogos con Raíz". Trátase dunha iniciativa destinada a debater e propoñer solucións a cuestións que afectan directamente a vida das persoas.
A xornada contou con invitados destacados, como a secretaria xeral de Vivenda, o conselleiro de Vivenda do País Vasco ou a exministra de Vivenda de Portugal.
José Ramón Gómez Besteiro propuxo un plan integral que pasa pola construción de máis vivendas públicas e a rehabilitación de vivendas baleiras.
Hai que enfrontalo dende diferentes vías e pensar a longo prazo construíndo vivenda pública, porque durante os últimos quince anos o Partido Popular non foi quen de construír vivenda pública aquí en Galicia. Temos que poñer en marcha un proxecto ambicioso. Nós, modestamente, presentamos un proxecto de banco de alugueiro de vivendas no que ofreciamos garantías aos arrendadores para dar viabilidade a moita vivenda baleira que hai en Galicia.