Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cúpula policial premia o equipo que investigou o asasinato de Samuel Luiz

A cúpula policial premia o equipo que investigou o asasinato de Samuel Luiz

Sete integrantes do equipo de investigación foron distinguidos cunha medalla hoxe na Coruña

Imaxe do acto do CNP celebrado este mércores na praza de María Pita da Coruña
G24.gal 28/09/2022 13:56

Sete integrantes do equipo de investigación do caso, o comisario, tres co rango de inspector ou inspectora xefe e dous inspectores e unha inspectora personificaron o recoñecemento ao grupo policial que investigou as circunstancias do asasinato. O mozo Samuel Luiz foi asasinado na Coruña en xullo de 2021 e as investigacións realizadas por este equipo da Policía levou á detención dos presuntos autores.

Un dos mandos distinguidos referíase á singularidade do traballo hoxe recoñecido.

 Carlos José Temprano Méndez, inspector xefe do CNP:
 

"Lembramos a dificultade que tivo o caso pola presión dos medios que xerou, pero esa presión foi soportada polo xefe da brigada e deixarnos traballar de xeito hermético e illado á cápsula de investigación".

O equipo policial considera moi reconfortante a distinción recibida hoxe da cúpula da Policía Nacional, pero valora especialmente o recoñecemento que recibiron do pai de Samuel.

"Confiou en nós e finalmente veu á comisaría a agradecernos a todos nós o traballo ben feito e a satisfacción que tiña el porque a vida do seu fillo tivo sentido porque puido axudar dous cidadáns senegaleses que foran heroes ao tratar de mediar e hoxe xa tiñan unha vida mellor", di o inspector xefe Temprano Méndez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade