Publicador de contidos
Publicador de contidos

A deflactacion do IRPF, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A deflactacion do IRPF, por Venancio Salcines

G24.gal 27/09/2022 18:40 Última actualización 27/09/2022 19:12

Para non perder capacidade de compra.

Unha boa parte dos salarios vencellan a súa actualización anual á carestía da vida. Esta é a eterna negociación entre sindicatos e empresarios.

Máis inflación, maiores subidas salariais. E como un fala de subidas podemos chegar a facer pensar que falamos realmente de ter máis diñeiro.

Pero isto é  falso. Estamos, soamente, a discutir das subas necesarias para non perder poder adquisitivo. Porque isto, a nosa capacidade de compra, é realmente o que nos está a preocupar.  

 En breve, cos salarios actualizados do 2023, moitos verán que a súa actualización salarial os leva a un novo tramo do imposto sobre a renda.

A empresa, para compensarlle unha boa parte da inflación, estará a pagarlle máis.

O Estado, polo contrario, non estará redefinindo os tramos do IRPF.

Polo tanto, máis de un cambiará de tipo. A súa retención, en boa lóxica, será maior e o seu soldo neto inferior.

O Estado? Recadará máis, como xa está a facer.

No que levamos do ano, a Facenda Pública ten captados máis de vinte mil millóns inesperados. É curioso que nestes tempos de dificultades, o único que teña máis diñeiro do que pensaba sexa o propio Estado. 

 O natural nestes casos, tal e como vai facer Galicia, sería adaptar a escala do imposto sobre a renda para evitar unha maior presión fiscal. O presidente Rueda  defendeuno o martes no Parlamento de Galicia, e outros políticos, como o presidente socialista da Comunidade Valenciana, parece que van adoptar unha decisión similar.   

 A realidade é que se está a xerar unha corrente de opinión  favorable para evitar máis presión fiscal aos españois. Corrente que  parece máis unha tormenta, sacode España pero tamen impacta, e con forza, no Goberno da nación.

Os ministros de Izquierda Unida entenden que una rebaixa da presión fiscal é unha derrota ideolóxica, e o presidente Sánchez, que non ten estes dogmatismos ideolóxicos, parece ansiala para de este xeito sanear con máis rapidez as contas públicas. 

 Pero para estes debates, que son cíclicos na vida económica de España é bo recordar que xa no Renacemento os primeiros economistas dicíanlle ao rei, que só sería rico cando o fose o seu pobo. E non se pode recadar onde non hai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar