Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empresa Nervión Naval Offshore compra Siemens-Gamesa

A empresa Nervión Naval Offshore compra Siemens-Gamesa

Utilizará a planta das Somozas para producir compoñentes de eólica mariña

G24.gal 21/02/2023 20:56

A empresa Nervión Naval Offshore, filial do grupo Amper, anunciou o acordo coa multinacional eólica Siemens-Gamesa para adquirir a planta que esta última ten no polígono das Somozas.

A factoría será complementaria da que o grupo proxecta no porto exterior de Ferrol e vaise dedicar á produción de compoñentes de eólica mariña.

A planta de Gamesa estaba especializada na fabricación de pas para aeroxeradores e está a piques de cumprir dous anos sen actividade, tras a presentación dun ERE.

A través dun comunicado, Nervión Naval Offshore afirma que agarda ter as instalacións operativas no segundo semestre deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade