Publicador de contidos
Publicador de contidos

A enchente do Xallas devólvelle a bravura á fervenza do Ézaro

A enchente do Xallas devólvelle a bravura á fervenza do Ézaro

As intensas chuvias deixan unha imaxe da freixa que cada vez é máis ocasional

G24.gal 29/10/2022 19:50

As intensas precipitacións dos últimos días deixan unha imaxe da fervenza do Ézaro, no concello de Dumbría, que cada vez é máis ocasional.

O caudal do Xallas volve baixar coa forza que lle corresponde a estas alturas do ano e o salto de auga, que cae dende unha altura de máis de 40 metros, convértese nun verdadeiro espectáculo da natureza.

Trátase do único río de Europa que desemboca no mar en forma de freixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade