Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ertzainta comisa 700 quilos de marihuana abandonados xunto unha estrada

A Ertzainta comisa 700 quilos de marihuana abandonados xunto unha estrada

A droga estaba empaquetada en bolsas termoseladas agochadas en caixas de cartón

G24.gal 13/08/2022 17:01

A Ertzaintza requisou 700 quilos de marihuana abandonados xunto a unha estrada rural de Abanto e Ciérvana, en Biscaia.

No mercado podería ter un valor duns dous millóns de euros. O departamento de Seguridade informou que efectivos da unidade de investigación non uniformados da comisaría de Musques desprazáronse o xoves a unha zona pertencente ao concello de Abanto, onde se detectou con anterioridade unha furgoneta sospeitosa.

Tras accederen á zona e inspeccionar o lugar os axentes localizaron nunha pista próxima a unha urbanización un montón de caixas de cartón e bolsas de lixo. Comprobaron que todas estaban cheas de bolsas termoseladas que contiñan marihuana.

O cargamento tería, conforme as estimacións realizadas, un peso aproximado de 700 quilos. A marihuana confiscada está en dependencias de Ertzaintza, onde agora investigan para determinar a súa procedencia e a orixe dos feitos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade