A erupción do volcán islandés perde forza e as autoridades crean unha zona de seguridade na área afectada

As fontes de lava superaron os 120 metros de altura e nas últimas horas mantéñense por baixo dos 30
O volcán que entrou en erupción no sueste de Islandia vai perdendo forza, segundo informou a oficina meteorolóxica do país. A erupción abriu unha fenda na terra de case 4 quilómetros e a lava que sae por ela flúe apartándose da cidade de Grindavik, xa evacuada.
Hans Vera, de 56 anos e veciño de Grindavik, que foi evacuado en novembro cando comezaron os sismos na zona, di que a erupción deste luns frustrou as súas esperanzas de regresar á casa para pasar o Nadal.
A pesar de que a zona permanece pechada, a erupción do volcán islandés é un reclamo irresistible para moitas persoas. Wouter, un turista holandés que estaba de visita en Islandia, dixo que tan pronto soubo da erupción se apresurara a achegarse ata o lugar porque é unha experiencia única na vida que non quere perder.
Os expertos non se atreven a aventurar canto tempo durará a erupción, entre unha semana e dez días, segundo os cálculos máis optimistas.