Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elevan a 13 os falecidos pola erupción do volcán "Semeru" en Indonesia con 41 feridos

Elevan a 13 os falecidos pola erupción do volcán "Semeru" en Indonesia con 41 feridos

Escenas de pánico e a poboación escapa da zona

Os equipos de emerxencia atoparon vivos unha decena de mineiros atrapados

G24.gal 04/12/2021 16:41 Última actualización 09:05

A erupción do volcán "Semeru" na provincia indonesia de Xava Oriental deixou polo menos 13 falecidos e 41 feridos con queimaduras de distinta consideración, conforme o actual reconto de danos.

O pánico levou centos de persoas das localidades próximas a fuxir co posto ante a erupción do volcán. Dúas persoas permanecen desaparecidas e oito empregados dunha canteira están atrapados baixo os cascallos desprendidos polo volcán na súa actividade. Os responsables da Axencia de Desastres  avisaron que os rescates poden ser moi complicados polo colapso dunha ponte e a lama que inunda a rexión nestes momentos.

O volcán de 3.700 metros e a montaña máis alta de illa de Xava xa tivo actividade en decembro de 2020, o que orixinou evacuacións como as de este sábado.

O servizo de vulcanoloxía de Indonesia situou no nivel 2, ( sobre un máximo de 4) o risco na zona e emitiu alerta de voo para os avións que pasan pola rexión.

Indonesia, no denominada "Anel do Pacífico" experimenta con asiduidade unha alta actividade sísmica e os terremotos e erupcións volcánicas rexístranse con regularidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade