Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de chuvia provoca unha situación de seca na Ribeira Sacra

A escaseza de chuvia provoca unha situación de seca na Ribeira Sacra

En Pantón comeza a haber problemas de abastecemento de auga

Félix Aragunde 25/05/2022 13:51

A escaseza de precipitacións dos últimos meses provocou unha situación de seca en varios concellos da Ribeira Sacra. No de Pantón xa está a haber problemas de abastecemento de auga en diversos núcleos, que se viron afectados por cortes na subministración.

Tanto é así que xa se están preparando para aforrar auga da traída nos consumos non prioritarios. En Pantón restrinxirase o seu uso nos parques, nas piscinas ou nas instalacións deportivas, como é o caso do campo de fútbol.

Outro concello afectado pola seca é Bóveda, abastecido por un encoro, o de Vilasouto, que se encontra ao 40 % da súa capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade