Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a cancelar varias quendas na fin de semana

A escaseza de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a cancelar varias quendas na fin de semana

A parada afectalle á cadea de ensamblaxe da furgoneta K9

G24.gal 10/06/2023 16:46

A escaseza de compoñentes na factoría de Stellantis Vigo obriga a cancelar a quenda extra deste sábado e a da noite do domingo.

O paro afectaría á cadea de ensamblaxe das furgonetas K9. Esta semana xa houbo outro paro na tarde do mércores. Desde os sindicatos piden á dirección que, mentres dure a escaseza de compoñentes, as quendas penalizadas sexan as xornadas produtivas extraordinarias.

O sistema 2 de produción ensambla as furgonetas de catro marcas do grupo, Peugeot, Citroën e Fiat, e a de Toyota. Para este sistema a compañía prevé recuperar a quenda da fin de semana, ou cuarta quenda, a partir de setembro. Stellantis incorporaría 700 traballadores, para o que intensifica a busca de persoal por medio de todas as canles posibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade