Publicador de contidos
Publicador de contidos

A estación de tren provisional na Coruña estará operativa ata xuño de 2026

A estación de tren provisional na Coruña estará operativa ata xuño de 2026

Esta nova terminal dispón de seis vías asociadas a tres plataformas

Ponse en marcha para avanzar nas obras da intermodal en San Cristóbal

G24.gal 12/12/2024 16:41

A estación de tren provisional na Coruña entrará en funcionamento o sábado 14 de decembro e estará operativa ata xuño de 2026 como parte das obras para a nova estación de transporte intermodal, informaron este xoves Adif

Así o detallou o director xeral, Juan Pablo Villanueva, nunha visita ás instalacións na que participaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Esta nova terminal, habilitada nun edificio que conta cunha planta de 1.125 metros cadrados, dispón de seis vías asociadas a tres plataformas e ponse en marcha para avanzar nas obras da intermodal en San Cristóbal.

Villanueva detallou que, aínda que nun principio non estaba contemplado facer esta estación provisional, habilitouse polo incremento de viaxeiros, "pasando de 150.000 a 330.000". O edificio logo destinarase a outros usos para acoller dependencias de "contratas de mantemento e outros operadores", segundo explicou o director xeral de Adif.

Blanco celebrou que "A Coruña avanza con paso firme na mobilidade intermodal e sostible". Pola súa banda, Rey indicou que a estación intermodal é "unha infraestrutura moi necesaria" e informou de que o Concello se encarga de "contribuír á humanización e mellora dos accesos a esta zona". A terminal provisional entrará en servizo este sábado, polo que, mentres, interrómpese a circulación de trens e ofrécese aos usuarios a alternativa de viaxar en autobús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade