Publicador de contidos
Publicador de contidos

A estratexia de turismo da Xunta contará cun investimento de máis de mil millóns de euros

A estratexia de turismo da Xunta contará cun investimento de máis de mil millóns de euros

O obxectivo é conseguir un turismo máis sostible, con máis visitantes estranxeiros e durante todos os meses do ano

G24.gal 27/09/2024 21:12 Última actualización 27/09/2024 21:22

A Xunta acaba de presentar a estratexia de turismo de Galicia ata o 2030. A folla de ruta para o sector ten 64 medidas e un investimento de máis de mil millóns de euros. O obxectivo é conseguir un turismo máis sostible e diversificado, con máis visitantes estranxeiros e durante todos os meses do ano.

Ferrol foi o escenario escollido para a presentación da Estratexia de Turismo de Galicia, en cuxa elaboración participaron máis de 1.000 profesionais para buscar a foto máis precisa dos obxectivos do sector.

A estratexia de turismo de Galicia inclúe 64 medidas, que van dende facilitar a creación de empresas ata a mellora da formación dos profesionais, pasando polo impulso da mobilidade eléctrica, o termalismo, a enogastronomía ou o turismo de congresos. O obxectivo de aquí ao 2020 é crear 18 mil empregos no sector e que o gasto medio diario por visitante pase dos 80 aos 110 euros.

"Pido como presidente da Xunta que o fagamos xuntos porque se o facemos xuntos farémolo ben. Galicia é unha potencia turística, G está de moda, a xente quérenos, o mundo mira para nós e é momento de demostrar que os queremos acoller ben", dixo o presidente da Xunta. 

Budiño púxolle a banda sonora ao acto de presentación da estratexia de turismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade