A expansión do virus da varíola do mono non xustifica unha alarma sanitaria mundial
A expansión do virus da varíola do mono non xustifica unha alarma sanitaria mundial
O exdirector de acción sanitaria en situacións de crise da OMS di que hai que manterse alerta
O doutor López Acuña lembra que o virus da varíola do mono se trasmite por contacto estreito, non polo aire
A rápida expansión do virus da varíola do mono nos países occidentais, fora dalgunhas zonas africanas, debe manternos alerta, pero non debería levar a unha nova alarma sanitaria mundial como a provocada pola covid.
Esta é polo menos a opinión dun experto coma o médico Daniel López Acuña, que foi durante 28 anos director de acción sanitaria en situacións de crise na OMS, a Organización Mundial da Saúde.
O virus da varíola non se transmite polo aire, senón polo contacto estreito entre persoas
"Non estamos falando dunha enfermidade que se transmita masivamente como a Covid 19, que prolifere a través dos aerosois en espazos mal ventilados.
É unha enfermidade que se transmite fundamentalmente por contacto estreito; é moi importante non singularizar ou estigmatizar, pensando que está unicamente relacionada con homes que teñen sexo con homes, xa que a vía de contaxio deste virus é o contacto estreito entre calquera tipo de persoas", asegura o especialista español.
O doutor López Acuña non considera necesaria unha vacinación masiva
López Acuña pide que "illemos moi ben cada caso, durante tres semanas, e que vixiemos estreitamente todos os contactos dos afectados". O doutor López Acuña, agora profesor da Escola Andaluza de Saúde Pública, engade que non ve necesaria unha vacinación masiva de toda a poboación contra o virus da varíola do mono.