Galicia conmemora o aniversario da expedición Balmis
Galicia conmemora o aniversario da expedición Balmis
A corbeta María Pita saíu da Coruña o 30 de novembro de 1803
A bordo levaba 22 nenos orfos inoculados co virus da varíola para vacinar os territorios españois en América
Acompañáronos o doutor Francisco Balmis e a enfermeira Isabel Zendal
A Expedición Balmis, considerada a primeira misión sanitaria internacional, encargouse de levar a vacina contra a varíola aos territorios españois en América e Asia. Para iso, inocularon o virus a 22 nenos orfos da Coruña e de Santiago que embarcaron en 1.803 rumbo alén dos mares xunto ao médico Francisco Balmis e á enfermeira galega e reitora do orfanato da Coruña Isabel Zendal.
A Consellería de Sanidade a mais a Axencia Galega do Coñecemento lembraron este fito cun webinario en que participaron o escritor Javier Moro, autor da novela A flor de piel sobre Isabel Zendal, e o doutor Federico Martinón, xefe do servizo de pediatría do CHUS.
O Consello Superior de Investigacións Científicas tamén se sumou á conmemoración coa presentación, no Muncyt da Coruña, da novela gráfica El mar recordará nuestros nombres, de Javier de Isusi, e o libro La expedición de Balmis. Primer modelo de lucha global contra las pandemias, da investigadora Susana Ramírez.