Publicador de contidos
Publicador de contidos

A factoría de Stellantis en Vigo realizará 700 novas contratacións

A factoría de Stellantis en Vigo realizará 700 novas contratacións

Recuperará a quenda de fin de semana, que se poñerá en marcha o próximo 16 de setembro

Factoria Stellantis de Vigo Factoria Stellantis de Vigo
G24.gal 22/05/2023 16:30

A factoría que ten en Vigo o Grupo Stellantis realizará proximamente 700 novas contratacións ao recuperar a quenda de fin de semana.

Así llo anunciou este luns a dirección da compañía ao comité de empresa, ao que informou de que a recuperación da cuarta quenda, como se coñece a quenda de fin de semana, afectará o Sistema 2 de produción.

O novo equipo, que permitirá dar resposta aos volumes de produción previstos, poñerase en funcionamento o próximo 16 de setembro.

A Cuarta Quenda do Sistema 2 suspendeuse o pasado 21 de outubro de 2021 como consecuencia das alteracións nos fluxos de aprovisionamento que impedían naquel momento manter os volumes de produción.

Con todo, e a pesar de todos os paróns na produción que foi acumulando a factoría no sistema 2 no que vai de ano, as previsións de mellora na crise de abastecemento de semicondutores permitirá dar ese paso en cuestión de catro meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade