A familia de Edwin Arrieta considera que a súa morte foi premeditada
A familia de Edwin Arrieta considera que a súa morte foi premeditada
Este xoves está previsto que declarare o acusado, Daniel Sancho
En Tailandia continuou o xuízo contra Daniel Sancho, presunto asasino do médico colombiano Edwin Arrieta, coa declaración do representante da familia da vítima, que considera que o crime foi premeditado. Mañá o propio Daniel Sancho abrirá a quenda das testemuñas solicitadas pola defensa.
Varios fallos na instalación eléctrica da Audiencia da illa tailandesa de Samui que impiden utilizar o aire acondicionado provocaron a cancelación da sesión vespertina do xuízo contra o español Daniel Sancho, único acusado do suposto asasinato do médico colombiano Edwin Arrieta.
Na sesión matinal declarou o representante español da familia Arrieta, co que se puxo fin ás testemuñas presentadas pola fiscalía.
O avogado dixo que a familia busca unha condena contra Sancho por asasinato con ou sen premeditación. “É importante, porque a familia considera que o que fixo Daniel Sancho foi acabar coa vida de Edwin cunha idea preconcibida antes de que este viaxase a Koh Phangan, tendo en conta todos os elementos que hai na causa”.
Daniel Sancho testemuñará este xoves nunha sesión que se agarda ocupe toda a xornada pola gran cantidade de preguntas que fará a fiscalía, segundo recoñeceu o letrado da defensa tailandesa do cidadán español.
Despois de Sancho, será a quenda do seu pai e de dous policías de inmigración da illa de Phangan, escenario do suposto crime.