Denuncian a Donald Trump, os fillos e a empresa por fraude fiscal
Denuncian a Donald Trump, os fillos e a empresa por fraude fiscal
A fiscalía de Nova York acúsaos de obter fraudulentamente préstamos, beneficios de seguros e de evadir impostos
A fiscalía de Nova York demandou este mércores o expresidente de Estados Unidos Donald Trump, os seus tres fillos maiores e a súa empresa, a Organización Trump, por obter fraudulentamente préstamos, beneficios de seguros e pagar impostos máis baixos.
A fiscala, Letitia James, dixo que Trump cometeu "fraude fiscal" durante anos e que o Estado busca unha compensación de 250 millóns de dólares, un veto aos negocios dos Trump e unha restrición á súa compra de inmobles comerciais no próximo lustro, indicou no seu Twitter.
"Achamos que Trump, a súa familia e a Organización Trump usaron valoracións de activos fraudulentas e enganosas unhas 200 veces durante 10 anos nas súas declaracións financeiras anuais. Esas declaracións usáronse para obter centos de millóns de dólares en préstamos e coberturas de seguros", explicou.