A Fiscalía investiga a veracidade dos audios de Jácome
A Fiscalía investiga a veracidade dos audios de Jácome
Poucos días antes de que se constitúa a corporación, a Fiscalía investiga a veracidade dos audios de Jácome pola posible comisión dos delitos de falsidade documental, suborno e tráfico de influencias
As gravacións, publicadas polo xornal local La Región, foron denunciadas no xulgado polo conxunto da oposición
A Fiscalía Provincial inicia así o procedemento de investigación penal contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e investiga a posible comisión dos delitos de falsidade documental, suborno e tráfico de influencias, tras as denuncias do PSOE, BNG e PP por mor das gravacións que saíron á luz.
Audios en que supostamente se lle escoita falar de doazóns ilegais, de subornos a soldos de asesores, do cobro de comisións en licitacións públicas ou dunha posible falsidade documental.
Ademais das gravacións, o xornal entregará á fiscal a proba pericial forense que ratificaría a veracidade deses audios.
Francisco Rodríguez, candidato socialista a alcaldía de Ourense, asegura que estes feitos son un argumento máis para evitar que esta persoa, dixo, siga ao fronte do goberno da cidade e pide punto de acordo.
Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, asegura que todo o que de "nós dependa nin Jácome nin PP gobernarán no concello nin na deputación".
Jorge Pumar, concelleiro do PP, aseguraba que: "Dá a impresión que tanto o BNG coma o PSOE impón un cordón sanitario non so a Jácome senón tamén ao PP, é o momento dunha nova vía que ten que pasar pola candidatura que lidera Manuel Cabezas".