Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga de guionistas de Hollywood pon en xaque o cine e as series

A folga de guionistas de Hollywood pon en xaque o cine e as series

O colectivo reclama estabilidade, mellores salarios e pór barreiras ao uso da intelixencia artificial

O colectivo de guionistas reclama máis estabilidade e melloras salariais O colectivo de guionistas reclama máis estabilidade e melloras salariais
G24.gal 03/05/2023 08:25 Última actualización 03/05/2023 09:05

Hollywood paralízase pola folga de máis de 11.000 guionistas de televisión e cine. Están en folga indefinida por primeira vez en quince anos. Esixen máis estabilidade, maiores oportunidades de emprego e mellores salarios.

Todo o sector de entretemento se viu afectado: desde as grandes compañías coma Universal ou Paramount, ata as plataformas Netflix ou Amazon. Ata se están repoñendo os principais programas de entrevistas e humor, coma o Saturday Nigh Live ou The Late Show.

Á parte das reclamacións laborais, a novidade desta folga é que o colectivo de guionistas piden que se lle poña barreiras ao uso da intelixencia artificial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos