Cargando resultados...
A frota da ruta xacobea Iacobus Maris chega a Valencia
A frota da ruta xacobea Iacobus Maris chega a Valencia
Atracará en Vigo na véspera da festividade do Apóstolo
G24.gal
02/07/2022 18:52
A frota da Iacobus Maris, a ruta xacobea marítima máis longa da historia, chegou a Valencia e alí permanecerá durante toda a fin de semana.
O pasado domingo a expedición zarpou do porto italiano de Xénova e o domingo partirá rumbo a Sevilla. En Valencia, os barcos participantes están a abrir as súas portas aos curiosos. Tamén o buque escola italiano Palinuro, que se acaba de unir á ruta.
Está previsto que os case catrocentos tripulantes repartidos entre veleiros, goletas e buques escola cheguen a Vigo na véspera da festividade do Apóstolo.