A Galega, líder na xornada electoral
A Galega, líder na xornada electoral
O minuto de ouro chegou ás 22:08 e 22:33, con senllas audiencias de 352.000 telespectadores
A Televisión de Galicia liderou as audiencias na xornada electoral en Galicia, cunha cota de pantalla do 17,2 % no conxunto do día. Foi a única televisión que logrou superar a barreira do 10 % en Galicia.
Tamén foi a canle con maior cota de pantalla de toda España, tanto no conxunto da xornada coma no horario de máxima audiencia.
Nesta última faixa a TVG estivo nun 28,7 %, a máis de 20 puntos do competidor máis próximo, que quedou nun 8 %.
Ao longo da xornada máis dun millón de galegos formaron parte da audiencia da Galega. Mentres que ningunha das restantes canles logrou chegar áos 800.000 telespectadores ao longo da xornada.
Foi a autonómica máis seguida
Entre as canles autonómicas a máis próxima foi ETB2 cunha cota do 16% no conxunto do día. Na franxa de máxima audiencia repite a ETB2, como competidor máis próximo a TVG cunha cota do 25%.
O programa especial “Eleccións 28M” emitido entre as 19:45 e a 01.10 da madrugada foi o que alcanzou a maior audiencia da xornada: 877.000 telespectadores, máis do dobre que o seu seguinte competidor, cunha cota de pantalla do 26%.
Durante a súa emisión a TVG foi quen de acadar un pico de cota superior ao 39%.
Durante cada minuto da súa emisión contou de media cunha audiencia de 194.000 persoas. O minuto de ouro chegou ás 22:08 e 22:33 con senllas audiencias de 352.000 telespectadores.
O Telexornais Mediodía foi o 2º programa de maior audiencia na xornada. Contou con 178.000 telespectadores ao longo da súa emisión, cunha cota depantalla do 19,3% e cunha audiencia media 106.000persoas.
O “Galicia Noticias” foi o 3º programa demaior audiencia na xornada. Contou con 171.000 telespectadores aolongo da súa emisión, cunha cota de pantalla do 21% e cunha audiencia media 97.000 persoas.