A Garda Civil desartella en Ourense un grupo criminal que cometía estafas a través de Internet
A Garda Civil desartella en Ourense un grupo criminal que cometía estafas a través de Internet
Comprometían o pago a través de transferencias que non realizaban
Cando os estafados caían na conta de que os enganaran, o grupo xa vendera dende roupa ata coches de alta gama ou maquinaria de xardín
A Garda Civil desartella en Ourense un grupo criminal que cometía estafas a través de Internet. Compraban de xeito presencial ou por Internet. Comprometían o pago a través de transferencias que non realizaban. Cando os estafados caían na conta de que os enganaran, o grupo xa tiña vendido dende roupa ata coches de alta gama ou maquinaria de xardín.
Roupa dun comercio de Pontevedra acabou noutro céntrico de Ourense. Un BMW adquirido en Pontevedra localizouse en Chantada. Un Seat León de Salamanca, nun taller próximo a Ourense.
A Garda Civil comprobou que a banda actuara por toda Galicia. Tiña a súa base en Ourense, pero movíase con frecuencia para dificultar a súa localización. Os axentes chegaron finalmente ata un mozo de 22 anos, que xa ingresou en prisión. Están investigados, ademais, outros dous veciños da cidade das Burgas. Trátase da propietaria da tenda que adquiriu a roupa, de corenta e catro anos, e un cidadán portugués de trinta e dous anos. A operación Vical segue aberta.