Cargando resultados...
A Garda Civil desmantela unha plantación de cannabis en Outes
A Garda Civil desmantela unha plantación de cannabis en Outes
Investigado o titular da finca como presunto autor dun delito contra da saúde pública
A Garda Civil destruiu os 900 quilos de plantas atopadas
G24.gal
06/11/2021 12:41
A Garda Civil desmantelou na parroquia de Cando do concello de Outes unha plantación ilegal de cannabis. Trátase dunha finca de 2.300 metros con 2.500 plantas de cáñamo de, supostamente, uso industrial.
Pero unha vez analizadas comprobouse que triplicaban os niveis de THC autorizados para este cáñamo industrial. O THC é o compoñente psicoactivo da planta de cannabis.
A Garda Civil destruíu os 900 quilos de plantas atopados e investiga o titular da explotación como suposto autor dun delito contra da saúde pública.