A Garda Civil investiga os danos sufridos en medio cento de castiñeiros nun souto de Begonte
A Garda Civil investiga os danos sufridos en medio cento de castiñeiros nun souto de Begonte
Cortaron os troncos das árbores arredor cunha machada
Medio cento de castiñeiros apareceron gravemente danados nun souto de Felmil, en Begonte. Os seus donos atoparon as árbores cos troncos cortados arredor cunha machada. Nalgúns casos, os cortes chegaron ata a cerna, mentres que noutros, mesmo os pincharon por completo.
Manuel Seijas, dono dos castiñeiros: "Vin que estaban todos pelados arredor. Nalgúns cortaron a fondo, ata o tronco. Xa de por si é unha planta delicada, con tendencia a secar cun pouco que a roces. O que veu andou todo arredor pata que non lles quedase nada de pel e que secasen".
O souto fora plantado hai uns quince anos, cun investimento inicial de máis de mil euros. O dano que agora sufriron as árbores chega cando xa comezaban a dar castañas, tras moito esforzo e tempo dedicados a esta plantación.
Dolores Ares, dona dos castiñeiros: "É unha cousa que che leva moitos anos de traballo. Polo verán hai que regalos, e meu marido viña coa cisterna regalos cada quince días. E logo rozalos, para telos limpos".
Manuel Seijas, dono dos castiñeiros: "Quixemos investir estes cartos e estámolos gastando para non producir, para non coller nada. Tiñámolos aquí e era unha satisfacción para nós".
Unha vez presentada a denuncia polos donos do souto, estase a investigar a autoría destes feitos. A Garda Civil non descarta que o acontecido se debese a desavinzas veciñais.