A goleta Atyla chega a Vigo para participar na Iacobus Maris
A goleta Atyla chega a Vigo para participar na Iacobus Maris
Conta atrás para que comeze a Iacobus Maris
Será a ruta de peregrinación marítima máis longa da historia
Será un dos fitos máis importantes deste Xacobeo. Por primeira vez vaise conmemorar a translación dos restos do Apóstolo seguindo as pegadas que aquela barca de pescadores foi deixando no mares ata chegar a Galicia.
"Vai traer a Vigo grandes veleiros, grandes goletas, buques escolas que estamos todos desexando velos entrar pola ría", apunta Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo.
A peregrinación por mar máis longa da historia partirá a finais de xuño do porto de Xénova. Ata alí están xa dirixíndose os barcos que van participar. En total once, e esta goleta, a Atyla que hoxe foi recibida no porto de Vigo, será unha delas.
"O barco é un buque escola que vai percorrendo distintos tipos de festivais e, en fin, facemos un pouco de todo", conta Fermín Galán, capitán da goleta Atyla.
Serán 4 semanas de travesía con paradas en Valencia, Sevilla, O Porto e finalmente en Vigo onde teñen previsto chegar o 23 de xullo. Esta viaxe en grandes veleiros admite pasaxeiros como aprendices de mariños para axudar nas tarefas de navegación. A piques de comezar a primeira ruta xa se pensa nas seguintes.
"O Xacobeo tamén vai por mar e Vigo é unha cidade de mar e polo tanto imos impulsar este tipo de peregrinacións como tamén fundamentais no que supón o xacobeo, no que supón o camiño de Santiago", explica a delegada da Xunta.