Publicador de contidos
Publicador de contidos

A hostalería galega precisa empregar 15.000 persoas para a campaña de verán

A hostalería galega precisa empregar 15.000 persoas para a campaña de verán

Na provincia de Pontevedra faranse 5.000 contratos

G24.gal 20/04/2024 14:24 Última actualización 20/04/2024 18:51

Case a finais de abril e con estes días solleiros o sector da hostalería pensa xa nas contratacións de cara ao verán. O presidente dos hostaleiros da provincia de Pontevedra, César Sánchez Ballesteros cifra en 15.000 os traballadores novos que precisa o sector en Galicia para o reforzo do verán.

Moitas empresas non conseguirán captalos. As patronais de hostalería fan esforzos por facer deste traballo, un oficio atractivo mellorando salarios, reducindo horarios e mellorando en xeral as condicións laborais con horarios continuos, traballos a quendas e fomentando na medida do posible a estabilidade laboral.

Con todo segue faltando persoal porque cada ano pola pirámide poboacional son menos os mozos que entran no mercado laboral. Este e outros sectores apostan por facer máis doada a entrada de traballadores estranxeiros e os permisos de traballo máis áxiles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade