A importación de sardiña toca máximos en Galicia
A importación de sardiña toca máximos en Galicia
A compra no estranxeiro ascende a 9,3 millóns de euros e case 9.000 toneladas
Os armadores afirman que a frota galega do cerco está a vivir unha situación agónica. A xestión da sardiña é un dos temas máis complicados. Hai abundancia no mar, pero xa non poden pescala. Cos barcos parados e cunha alta demanda nos mercados, entra sardiña de fóra, sobre todo de Portugal, que ten moita máis cota.
A importación chegou a un máximo histórico dende o 2017, cando se aplicou un plan para recuperala. A compra no estranxeiro ascende a 9,3 millóns de euros e case 9.000 toneladas.
Os armadores piden que o Ministerio de Pesca optimice as cotas. Están en xogo milleiros de empregos e o futuro da nosa frota.
A cota para España reduciuse máis dun 21 por cento, algo que non entende a frota galega, nun contexto de recuperación da especie.