Cargando resultados...
A lava do volcán Stromboli chega ao mar
A lava do volcán Stromboli chega ao mar
Protección Civil pediu aos habitantes que non saian das súas casas
A última erupción do Stromboli fora en agosto de 2019
G24.gal
11/10/2022 08:47
O volcán Stromboli continúa expulsando lava tras entrar en erupción o domingo. A coada alcanzaba nas últimas horas o mar fronte á costa siciliana.
Protección Civil pediu aos habitantes que non saian das súas casas, ao tempo que ordenou que a alerta pola erupción pasara do nivel amarelo ao laranxa.
O volcán, fronte á costa de Sicilia, leva desde 1932 con erupcións case continuas. A última fora en agosto de 2019.