Publicador de contidos
Publicador de contidos

A loita dun xubilado de Palas contra a avespa asiática

A loita dun xubilado de Palas contra a avespa asiática

Envía velutinas con veleno aos niños para que morra o enxame

G24.gal 02/09/2023 21:54 Última actualización 02/09/2023 22:04

É funcionario xubilado e pasa os veráns en Galicia.
Dende que chega á súa casa natal, unha das maiores preocupacións que ten é que as velutinas non lle acaben coas abellas.
Tras moito investigar, cre que o mellor xeito para loitar contra elas é cazalas, engancharlles o veleno no corpo e mandalas de volta para o niño.

Manuel defende este sistema caseiro.

Cre que é necesaria unha loita constante e conxunta para acabar coa velutina.

Manuel comprobou a efectividade do sistema en niños que tiña controlados preto da súa casa e que quedaron inactivos. Utiliza arpas eléctricas, coas que acaba con centos de vespas, e o seu método "troiano".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade