Publicador de contidos
Publicador de contidos

A medicina personalizada xa é unha realidade para os doentes con tratamento antipsicótico

A medicina personalizada xa é unha realidade para os doentes con tratamento antipsicótico

O Servizo de Farmacia crea un modelo poboacional pioneiro que logra facer predicións

Máis de 600 doentes con fármacos antipsicóticos xa se beneficiaron do programa piloto

G24.gal 22/05/2024 22:16 Última actualización 22/05/2024 22:33

O Hospital Clínico de Santiago acolle o III Curso de Farmacia Hospitalaria, en que se falou a fondo da medicina personalizada para os pacientes de psiquiatría. O Servizo de Farmacia creou o primeiro modelo poboacional que permite predicir as concentracións precisas nun dos antipsicóticos inxectables máis pautados. 

"En función das características xenéticas e antropométricas, como o peso, a estatura ou a idade, prescríbese a dose axeitada e ademais caracterízase mediante unha análise de sangue se a concentración é a precisa, para que sexa efectiva sen reaccións adversas", explica Anxo Fernández Ferreiro, coordinador da Unidade de Investigación do Servizo de Farmacia.

Máis de 600 doentes a tratamento antipsicótico inxectable de longa duración xa se beneficiaron dunha medicación individualizada, que incrementou a efectividade e reduciu os efectos secundarios. Todo grazas a unha investigación con selo galego que xa se expandiu de xeito internacional.

"O desenvolvemento deste traballo de investigación foi publicado nunha prestixiosa revista internacional no eido da psiquiatria, o cal axudou a difundilo en países de ámbito europeo e tamén de fóra do continente", relata Cristina Mondelo, especialista en Farmacia Hospitalaria no CHUS.

Os pacientes que padecen trastornos psicóticos requiren tratamentos, na meirande parte dos casos, para toda a súa vida. De aí a importancia de individualizar as doses e mellorar a calidade de vida como acontece con grazas a este programa piloto e pioneiro desenvolvido da man do Plan Galego de Saúde Mental.

Din os expertos que en calquera área sanitaria a medicina personalizada ou de precisión é o futuro da nosa saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade