Cargando resultados...
A Mesa do Parlament ratifica a suspensión de Laura Borrás como presidenta
A Mesa do Parlament ratifica a suspensión de Laura Borrás como presidenta
Desestima as peticións de reconsideración feitas por JxCat
G24.gal
01/09/2022 19:43
A Mesa do Parlament de Cataluña ratifica a suspensión de Laura Borrás como presidenta da Cámara.
Desestiman así as peticións de reconsideración formuladas por Junts per Catalunya, a formación que lidera Borrás.
A Mesa aprobou a finais de xullo cos votos dos socialistas, da CUP e mais de Esquerra Republicana, a suspensión de Borrás tras a apertura de xuízo contra ela por delitos de prevaricación e falsidade documental.