A militancia de JxCAT decide romper con ERC e saír do Govern
A militancia de JxCAT decide romper con ERC e saír do Govern
Máis do 55 por cento dos militantes votaron a favor de abandonar a coalición do executivo que preside Pere Aragonès
O presidente catalán, reunido co seu equipo para analizar a situación
Pedro Sánchez avoga por facilitar a estabilidade do goberno de Cataluña
A militancia de JxCAT decidiu romper a coalición con ERC e que o partido saia do Govern de Pere Aragonès co 55,73 % dos votos da consulta que celebrou entre o xoves e este venres.
Nun comunicado, a formación anunciou que o 'non' para seguir no Govern obtivo o 55,73 % e o 'si' tivo un 42,39 % de apoios, mentres que houbo un 1,88 % de votos en branco, nunha votación na que participaron o 79,18 % dos 6.465 militantes con dereito a voto.
Ás 17:30 estaba previsto que comezase unha reunión da Executiva do partido para analizar este resultado, que supón a ruptura da alianza entre ERC e Junts na Generalitat e pode ter consecuencias no seo da formación liderada por Laura Borràs e Jordi Turull.
Junts decicira convocar a consulta coa militancia tras a decisión do presidente da Generalitat de destituír ao vicepresidente, Jordi Puigneró. Decisión que Aragonés tomaba logo de que os seus socios o ameazasen con pedirlle que se sometese a unha cuestión de confianza.
Os socialistas cataláns convocan unha xuntanza extraordinaria para o luns
A reunión estará presidida polo primeiro secretario do partido, Salvador Illa, celebrarase no Casal Socialista Joan Reventós e, posteriormente, informará os acordos nunha rolda de prensa.
Ata o de agora, Aragonès declinou o apoio parlamentario do PSC para non depender dos votos socialistas e perder capacidade de manobra ante o Goberno de Pedro Sánchez, pero a saída de JxCat pode obrigar a un cambio de escenario, aínda que o propósito do president é explorar apoios de "xeometría variable" no Parlament.
O PP cre que o PSC acudirá ao rescate de Aragonés
O presidente do PP de Cataluña, Alejandro Fernández, dixo este venres que o primeiro secretario do PSC, Salvador Illa, acudirá "ao rescate" do presidente da Generalitat, Pere Aragonès (ERC), tras a decisión de JxCat de abandonar o Govern.
"Que ninguén se preocupe moito, que alí estará Salvador Illa para acudir ao rescate... estaba a desexalo!", escribiu Fernández na súa conta en Twitter tras coñecerse o resultado da consulta de JxCat.
Que nadie se preocupe mucho, que allí estará Salvador Illa para acudir al rescate...lo estaba deseando!!!
— Alejandro Fernández (@alejandroTGN) October 7, 2022
En Comú Podem di que hai unha oportunidade de formar unha maioría progresista
A líder de En Comú Podem (ECP), Jéssica Albiach, lamentou que o Govern quede "roto" no medio dunha crise económica. Di que non é unha boa noticia, pero subliñou que se abre "unha nova oportunidade de poñer Cataluña en marcha cunha maioría progresista".
Dos anys perduts i un govern trencat, enmig d'una crisi econòmica, mai és una bona notícia.
— Jéssica Albiach (@jessicaalbiach) October 7, 2022
La ciutadania necessita governs forts i estables. A partir d’avui s'obre una nova oportunitat de posar Catalunya en marxa amb una majoria progressista.
A CUP di que o pacto de ERC co Estado sería un calello sen saída
A deputada da CUP Eulàlia Reguant considera que, de producirse a saída de JxCat do Govern, isto evidenciará "o colapso da lexislatura", a cal, dixo, "xa non pode dar máis de si"..
Reguant non aclarou como actuará a CUP ante un Govern no que estea ERC pero non JxCat, pero recalcou que os anticapitalistas ven como "un calello sen saída" o intento dos republicanos de "pactar co Estado" posto que isto, dixo, "non permite abordar retos colectivos como a consecución do dereito de autodeterminación".