A ministra de Facenda cualifica de "inoportuna" a proposta de reforma fiscal de Podemos
A ministra de Facenda cualifica de "inoportuna" a proposta de reforma fiscal de Podemos
María Jesús Montero pide agardar polo informe do comité de expertos
Xa lle replicou a líder de Podemos e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra
A ministra de Facenda cualifica a proposta de reforma fiscal que presentou Podemos de "inoportuna" e pide agardar polo informe que o grupo de expertos presentará a finais deste mes.
Para María Jesús Montero, "non é conveniente discutir en paralelo ou discutir outras iniciativas que non partan do encargo que fixo o propio Goberno, coas formacións políticas que o compoñen".
Pola súa parte, Ione Belarra pensa que o que é "enormemente inoportuno é que no noso país, en plena recuperación económica, aínda os traballadores e as pemes paguen o dobre de impostos que as grandes empresas".
Na súa opinión, trátase "dunha enorme inxustiza, iso si que é absolutamente inoportuno e é urxente que todos formemos parte do debate sobre a reforma fiscal".