Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra de Vivenda critica a "absoluta ignorancia" de Sumar coa lei do solo

A ministra de Vivenda critica a "absoluta ignorancia" de Sumar coa lei do solo

Di que non entenden nada e aconséllalle que pisen un concello para coñecer os verdadeiros problemas urbanísticos

Recoñece que cometeu un erro: non ter en conta a contenda electoral

 

Isabel Rodríguez despachouse contra Errejón e Sumar
G24.gal 24/05/2024 14:11

A ministra de Vivenda asume o erro de cálculo e o fracaso de ter que retirar a lei do solo. Pero Isabel Rodríguez non agocha o seu malestar cos seus socios de goberno. Iñigo Errejón acusouna de presentar unha lei propia da cultura do pelotazo.

Ela non se arrugou e despachouse a gusto. Critica a "absoluta ignorancia" de Errejón e Sumar coa Lei do Solo. E aconséllalle aos socios de coalición que pisen un concello para coñecer os verdadeiros problemas urbanísticos. 

Rodríguez confiaba no PP para sacar adiante a reforma polo seu arraigamento nos concellos. Os de Feijóo aféanlle que os culpen a eles cando os seus socios os abandonan.

Di o presidente do Partido Popular que é de "aurora boreal" e pregúntalle á ministra como é que senta na mesa do consello de Ministros con persoas que considera "indocumentados". Pedro Sánchez respóndelle a Feijóo lanza outra pregunta retórica.

Neste caso se é "razoable" que un partido que aspira a gobernar non apoie unha reforma impulsada pola Federación Española de Municipios e Provincias, un organismo que eles mesmo presiden.

O Goberno agardará a que pasen as eleccións europeas para volver intentar aprobar a reforma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade