Cargando resultados...
A nai de Rubiales péchase nunha igrexa en folga de fame pola "cacería" ao seu fillo
A nai de Rubiales péchase nunha igrexa en folga de fame pola "cacería" ao seu fillo
Asegura que o peche será indefinido "día e noite" ata que se faga "xustiza" co seu fillo
G24.gal
28/08/2023 11:33
Angeles Béjar, nai de Luis Rubiales, pechouse este luns á mañá na igrexa da Divina Pastora de Motril e declarouse en folga de fame ata que se atope unha solución á "cacería, inhumana e sanguenta, que están a facer co meu fillo con algo que non merece".
O peche na igrexa do barrio de Capuchinos de Motril farase "de maneira indefinida, día e noite" ata que se faga "xustiza" co seu fillo, segundo dixo a EFE a nai de Rubiales.
A muller quedou no interior da parroquia coa súa irmá logo de que marchara o párroco da igrexa.
A nai de Luis Rubiales pediulle a Jenni Hermoso que "diga a verdade" e "manteña a versión que tivo ao principio dos feitos".