Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nai dun dos gardas civís falecidos en Barbate: "O meu fillo mandárono nun flotador loitar contra unha narcolancha"

A nai dun dos gardas civís falecidos en Barbate: "O meu fillo mandárono nun flotador loitar contra unha narcolancha"

A familia do axente Miguel Ángel González denuncia falta de medios e pide que se depuren responsabilidades

Os seis tripulantes da narcolancha están en prisión, acusados de dous delitos de asasinato e catro de asasinato en grao de tentativa

O Goberno pecha filas co ministro Marlaska e descarta a súa saída

A nai do garda civil Miguel Ángel González durante o funeral
G24.gal 13/02/2024 18:33 Última actualización 13/02/2024 18:42

Francisca María Gómez, nai do falecido: "O meu fillo montárono nun flotador. Practicamente era un flotador contra unha narcolancha que o pasou rozando tres veces ata que lle pasou por riba".

É a denuncia que fai a nai de Miguel Ángel González, un dos gardas civís falecidos en Barbate. A familia do axente critica a precariedade dos medios cos que traballan na loita contra o narcotráfico. 

Maika Gómez, tía do falecido, di: "Mandábano todos os días a unha morte segura... Que poñan medios, que isto non se repita e que non lle pase a ningún máis".

"El levaba a bandeira con moito orgullo, e España abandonouno, a el e os seus compañeiros", asegura Emilia Gómez, outra tía do garda civil falecido.

Os seis tripulantes da narcolancha levan xa 24 horas en prisión, acusados de dous delitos de asasinato e catro de asasinato en grao de tentativa.

O xuíz enviounos directamente ao cárcere tras tomarlles declaración. Á saída un grupo de persoas reinvindicaba a súa inocencia.

Entre eles está o piloto, alcumado o Cabra, un veterano traficante de drogas da Línea da Concepción con múltiples antecedentes. O ano pasado xa o detiveran por botar da calzada un coche da Policía Nacional durante unha fuxida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade