Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve condiciona a circulación en máis de medio cento de estradas de toda España

A neve condiciona a circulación en máis de medio cento de estradas de toda España

34 provincias están en alerta polo paso de varias borrascas

O peor estará no terzo norte peninsular e no Pireneo oscense, onde se activou a alerta laranxa por acumulación de neve, ata 30 centímetros en menos de 24 horas

G24.gal 08/03/2024 14:27

Complicado circular hoxe pola meseta. A neve esta a condicionar o tráfico na rede viaria principal. Desde primeira hora, a Garda Civil puxo en marcha varios dispositivos para habilitar zonas de estacionamento para o tráfico pesado.

O peor está na A-52, en Zamora, e na A-1, no límite entre Segovia e Madrid, onde houbo momentos en que se prohibiu o paso aos vehículos articulados e camións. No resto das vías a DXT recomenda circular con moita precaución. En total hai 58 estradas da rede viaria con circulación condicionada en toda España. 

34 provincias están en alerta polo paso de varias borrascas profundas que ademais da neve tamén están a deixar vento e abundante chuvia A situación irase complicando a medida que avance a xornada. 

O peor estará no terzo norte peninsular e no Pireneo oscense, onde se activou a alerta laranxa por acumulación de neve, ata 30 centímetros en menos de 24 horas. A cota baixará aos 600 metros. Tamen chegará as capitais de provincia. Estas imaxes son desta mañá en Valladolid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade