A patrulleira de intervención policial máis rápida do mundo construíuse en Moaña
A patrulleira de intervención policial máis rápida do mundo construíuse en Moaña
O estaleiro moañés ultima a segunda unidade deste modelo, que lle entregará á Comandancia de Alxeciras
Ten 18 metros de eslora e supera os 60 nos
A velocidade e manobrabilidade convértena na mellor aliada na loita contra o narcotráfico e a inmigración irregular no Estreito
Un estaleiro de Moaña construíu a patrulleira máis rápida do mundo para o Servizo Marítimo da Garda Civil. A embarcación incorporouse á Comandancia de Alxeciras e usarase especialmente na loita contra a inmigración irregular e o tráfico de drogas polas súas características. Tecnoloxía punta de produción cen por cento galega.
No estaleiro Aister de Moaña xa están finalizando a fabricación da segunda patrulleira destinada ao Servizo Marítimo da Garda Civil. A primeira, xa a entregaron a semana pasada. Construída totalmente en aluminio, ten unha eslora de 18 metros e supera os 60 nós, o que a converte na patrulleira de intervención policial máis rápida do mundo. Pero ten outras características que a fan punteira no sector.
A velocidade e manobrabilidade fana idónea para a súa misión que é a loita contra a inmigración irregular e o narcotráfico no Estreito. Deseño, tecnoloxía e produción integramente galegos.
Aister traballa noutros ambiciosos proxectos: barcos para acuicultura do salmón e eólica mariña en colaboración cun estaleiro noruegués, patrulleiras para a Garda Civil, outras para un país africano e o segundo dron, un barco non tripulado en colaboración con Navantia.