Publicador de contidos
Publicador de contidos

A pesqueira do polbo dá mostras de recuperación

A pesqueira do polbo dá mostras de recuperación

No mes que leva aberta a campaña, Bueu capturou uns 1.000 quilos diarios

1.2000 embarcacións de toda Galicia dedícanse á pesca do polbo
G24.gal 09/08/2022 14:51 Última actualización 09/08/2022 15:08

Hai un mes que o polbo fresco regresou aos mercados e aínda que o verán non é o mellor momento para esta pesqueira, hai satisfacción no sector polas capturas realizadas.

"Agora mesmo levamos capturados dende a apertura ata agora uns 26.000 quilos, sae a unha media de 1.000 quilos diarios, pois bastante ben", informa José Manuel Rosas, patrón maior da confraría de San Martiño de Bueu.

Bueu é xunto con Ribeira un dos portos de referencia desta pesqueira en que traballan 1.200 embarcacións por toda Galicia. Esta mañá a conselleira do Mar quixo coñecer de primeira man a evolución das capturas despois dunha campaña, a do ano pasado, que cualificou de extraordinaria.

"Vendéronse máis 1.700 toneladas de produto e tamén o prezo medio estivo pois case dos máis altos da serie histórica, non superamos a marca do ano 17-18 pero si que chegamos case cerquiña, naquel ano estivera 9 con 95 e na última campaña estivo a 9 con 70 ou sexa que andamos ben. Foron 15 millóns e medio de facturación", apunta Rosa Quintana, conselleira do Mar

Estas cifras mostran a recuperación da pesqueira do polbo tras a difícil campaña do 20-21. A abundancia de crías augura que esta será unha boa campaña.

 "A especie está recuperada, hai moitísimo recrutamento, moitos xuvenís e iso é sen dúbida mostra de que a campaña vai evolucionar ben", continúa a conselleira

Agora o sector só agarda que tamén se recupere o prezo que comezou esta campaña un pouco por baixo do normal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos