Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local alerta da circulación de billetes falsos en Ames

A Policía Local alerta da circulación de billetes falsos en Ames

Pide precaución nas operación en efectivo con billetes de dez, vinte e cincuenta euros

Un vendedor comproba a autenticidade dun billete de 50 € nunha froitaría de Bertamiráns este mércores
G24.gal 31/05/2023 13:45

Os billetes de 10, 20 e 50 euros están a ser obxecto de especial atención nas operacións en efectivo no concello de Ames, despois da advertencia da Policía Local.
 Segundo publicaron, están a circular polo municipio billetes falsos, polo que piden precaución á veciñanza de que comproben os billetes que lles dan nun pagamento ou de volta. Preguntamos en tendas e rúas de  Bertamiráns se tentaran coarlles algún:

 "Nesta ocasión, non, pero hai tempo chegounos un billete falso", di Castora na súa froitería.

 "Non vimos ningún, por agora, todo en orde", sinalan nun salón de peiteados.

 "Ata agora non tiven ningún. Eu son moito de usar a tarxeta e, daquela, non". Fina desde a súa peixería dinos que ela comproba a autencidade dos billetes con rotuladores ao efecto.

Mentres unha clienta sinala que non sabe moi ben como tomar medidas para evitar que lle dean un billete falso.

Tóqueo, míreo e víreo. É o método aconsellado para distinguir un billete de curso legal como estes que saen da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, para comprobar que ten os elementos de seguridade moi difíciles de falsificar e que lle dan o valor que representa.

Non coma estes, empregados en historias cinematográficas e cunha textura delatora. Non teñen nin o son característico dos auténticos, nin as rugosidades e tampouco os elementos visibles a contraluz. 

"Cando o billete é bo ten un tacto especial que o sentes renxer e cando é falso, máis ben é como un papel", matiza Castora.

E en caso de que lle coen un billete falso o aconsellable é poñelo en coñecemento das autoridades. Lembre que se o utiliza nun pagamento para desfacerse del incorrerá nun delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade