Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional continúa investigando o achado do cadáver que apareceu este martes nun contedor de papel e cartón

A Policía Nacional continúa investigando o achado do cadáver que apareceu este martes nun contedor de papel e cartón

Investigan se se tratou dunha morte accidental ou violenta

G24.gal 11/12/2024 14:04

Polo momento, o que está confirmado é que se trata dun home de mediana idade. Ao parecer o cadáver non presentaba sinais de violencia, malia que si lesións compatibles co esmagamento provocado polo camión de recollida de residuos.

Axentes da Policía Nacional seguen coa investigación para tratar de esclarecer se se tratou dunha morte violenta ou accidental.

O corpo sen vida apareceu este martes á mañá dentro dun contedor de papel e cartón e foi descuberto polos operarios da planta de Nostián cando estaban baleirando un dos depósitos. Todas as hipóteses están abertas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade