Publicador de contidos
Publicador de contidos

A praia das Catedrais, entre as mellores de España segundo unha revista de viaxes

A praia das Catedrais, entre as mellores de España segundo unha revista de viaxes

O recoñecemento final virá logo da votación dos lectores, e coñecerase o próximo día 23

A xente que visita o areal teme que este tipo de promocións masifiquen o lugar

G24.gal 16/06/2024 12:59 Última actualización 16/06/2024 13:35

Unha publicación especializada en viaxes sitúa a praia das Catedrais, en Ribadeo, entre as dez mellores de España. Serán os lectores cos seus votos os que decidan definitivamente o día 23 cal é o areal que merece o recoñecemento. 

En Galicia, a resposta é unánime cando se cuestiona se merece figurar nesa listaxe. Recoñecido como Lugar de Interese Comunitario, cada vez recibe máis visitantes e a súa sona ameaza con se converter nun problema.

Aínda que no verán e Semana Santa o acceso á praia está controlado, a masificación é o principal reparo que lle atopa moita xente a este tipo de promocións. Sobre os seus encantos, hai bastante unanimidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade