Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presenza de cans soltos na praia da Lanzada ameaza a poboación de píllaras

A presenza de cans soltos na praia da Lanzada ameaza a poboación de píllaras

É unha especie que goza de protección especial, pero hai ameazas que complican a súa supervivencia

G24.gal 26/04/2023 14:22

Preocupación no Grove porque a presenza de cans soltos na praia ameaza a poboación dunha ave protexida que está en perigo de extinción. A píllara cría na praia da Lanzada, pero os animais soltos estrésanas e acaban abandonando os niños.

A píllara das dunas é unha ave protexida, en perigo de extinción. Perdeu o 70 por cento da súa poboación na última década, pero atopou no Grove un oasis onde aniñar e criar.

Este especie goza dun plan de protección especial, pero a pesar desas medidas hai ameazas que complican a súa pervivencia. O turismo e a presenza de cans soltos na praia son dúas delas, porque as estresan e acaban fuxindo. Esta mesma mañá técnicos de medio ambiente da Xunta recuperaron tres ovos abandonados nun dos niños protexidos da praia da Lanzada. Trasladáronos ao centro de recuperación de aves de Carballedo para metelos na incubadora e sacar adiante as crías. Para evitar estas situacións, desde o Concello lembran a importancia de respectar estas aves e o seu hábitat.

Desde o Concello advirten ademais de que levar os cans soltos pola praia é motivo de sanción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade