Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presidenta de Estremadura María Guardiola sae do hospital e recupérase na casa

A presidenta de Estremadura María Guardiola sae do hospital e recupérase na casa

A Xunta de Estremadura indica nun comunicado que, en vista da evolución favorable, poderá retomar pronto a súa axenda pública

María Guardiola, presidenta de Estremadura, nuha imaxe de arquivo (Europa Press/Diego Radamés) María Guardiola, presidenta de Estremadura, nuha imaxe de arquivo (Europa Press/Diego Radamés)
EFE 23/05/2024 09:48

A presidenta da Xunta de Extremadura María Guardiola saíu do hospital e xa se atopa no seu domicilio á espera de recibir pronto a alta médica, segundo informou este xoves o Goberno rexional.

Tras o seu ingreso no Hospital Universitario de Cáceres, e seguindo as indicacións do equipo médico que a atende, Guardiola continuará cun "tratamento domiciliario e someterase ás revisións periódicas estipuladas para completar a súa recuperación".

A presidenta estremeña está a despachar algúns asuntos de forma telemática.

En vista da evolución favorable do seu estado de saúde, e sempre que o determinen os facultativos, Guardiola poderá retomar pronto a súa axenda pública, indicou a Xunta nun comunicado.

Guardiola foi sometida días atrás a unha intervención cirúrxica debido a un proceso infeccioso.

Posteriormente, na recuperación da cirurxía, a presidenta sufriu unha sepse pola que tivo que ser atendida na Unidade de Coidados Intensivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade