Publicador de contidos
Publicador de contidos

A primeira ministra de Finlandia sométese a un test de drogas tras o vídeo en que está de festa cuns amigos

A primeira ministra de Finlandia sométese a un test de drogas tras o vídeo en que está de festa cuns amigos

Sanna Marin decidiu facer as probas despois da filtración dun vídeo en que aparece bailando cuns amigos

Despois das críticas desde a oposición agarda que non se repitan afirmacións sobre o posible uso de substancias na súa vida social

G24.gal 20/08/2022 09:30

A primeira ministra de Finlandia, Sanna Marin, anunciou este venres que se someteu a unha proba de drogas despois de que parte da oposición llo pedira ante a filtración dun vídeo seu nas redes sociais en que aparece de festa cuns amigos.

"Realicei as probas dado que se buscan este tipo de sospeitas. Aféctame á presunción de inocencia", dixo. E agregou que agarda que non se repitan afirmacións sobre o posible uso de substancias na súa vida social.

Sanna Marin evitou especular sobre a filtración do vídeo, xa que se debe "estar preparado" para todo tipo de ameazas, pero defendeu os seus amigos e afirmou que "sabe" que non foron eles os que o fixeron.

Na gravación aparece a primeira ministra finesa bailando canda distintas figuras públicas, entre as que están algunha deputada, presentadoras de televisión ou "nfluencers moi coñecidas no país.

A difusión do vídeo en que hai un comentario sobre a fariña, termo asociado á cocaína, orixinou unha intensa polémica en Finlandia coa esixencia por parte da líder do dereitista Partido dos Finlandeses e doutros deputado de que Marin se sometese a un control de drogas.

Non é a primeira vez que a primeira ministra desata a polémica en Finlandia pola súa vida persoal. En 2021 tivo que desculparse por estar nunha discoteca sabendo que era contacto estreito dun positivo de covid-19, no medio dunha vaga de críticas polo seu comportamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade